Paseos pola Enseada de San Simón

Paseos sonoros.
Redondela, Galicia. 

2013
Encargado por escoitar.org para European Acoustic Heritage

No marco das actividades programadas polo European Acoustic Heritage en abril de 2013 en Galicia, o fonografista Juanjo Palacios en colaboración coa cooperativa Trespés de Redondela e escoitar.org realizaron diferentes paseos en compañía de habitantes da vila de Redondela e dos lugares de Rande,  A Portela e Cesantes. En cada un destes lugares, bañados pola Enseada de San Simón, pretendeuse mediante o paseo e a conversación achegarse ao ámbito da historia local, reactivando a memoria, mais sen se esquecer do momento actual. O nexo central de todos os paseos foi a enseada, o mar e a actividade mariñeira.

Este proxecto é o resultado do traballo de campo realizado durante unha residencia dunha semana no concello de Redondela (Pontevedra) 

O proceso de traballo de campo expúxose desde unha perspectiva fonográfica, a pesar de seguir unha metodoloxía próxima á etnografía. Tratar de profundar a través do son no territorio, a paisaxe, a identidade e o patrimonio, sen pretender recompilar unha documentación exhaustiva, labor que corresponde a outro tipo de disciplinas.

En el marco de las actividades programadas por European Acoustic Heritage en Abril de 2013 en Galicia, el fonografista Juanjo Palacios en colaboración con la cooperativa Trespés de Redondela y escoitar.org realizaron diferentes paseos en compañía de los lugareños de Rande, Vila de Redondela, A Portela y Cesantes. En cada uno de estos lugares bañados por la Ensenada de San Simón, se prentendió mediante el paseo y la conversación acercarse al ámbito de la historia local, reactivando la memoria, pero sin olvidarse del momento actual. El nexo central de todos los paseos fue la ensenada, el mar y la actividad marinera. 

Este proyecto es el resultado del trabajo de campo realizado durante una residencia de una semana en el municipio de Redondela (Pontevedra)

El proceso de trabajo de campo se planteo desde una perspectiva fonográfica, a pesar de seguir una metodología cercana a la etnografía. Se trato de ahondar a través del sonido en el territorio, el paisaje, la identidad y el patrimonio, sin pretender recopilar una documentación exhaustiva, labor que corresponde a otro tipo de disciplinas.

Proxecto: European Acoustic Heritage (EAH) 
Mediación: Trespés Soc. Coop. Galega e escoitar.org 
Gravacións de campo e composición: Juanjo Palacios 
Fotografía: Luisa Iglesias 
Textos: Alberte Román e Juanjo Palacios 
Coordinación: Axencia Galega dás Industrias Culturais (Agadic) e Fundación Illa de San Simón
Participantes: Manuel González, Juanjo Comesaña, Juana Fernández, Gina Cabaleiro, Mundo Cal, Manuel Puga, Chelo Rielo, Tino Figueroa, Rosa Otero Cabaleiro, Estrela Otero Liño, Ramona Rodríguez, Angel Gesteira, Mercedes Otero, Alfredo Vidal, Herminia López, Manuel Martínez, Crisanto Freitas.

Rande

Rande é unha zona con identidade propia no estreito da ría de Vigo. Este estreito é a única vía de saída da Enseada de San Simón cara o Océano Atlántico. Atravésao a ponte de Rande e aos pés da ponte, atópase un núcleo que aínda conserva a tipoloxía mariñeira. Alí houbo unha fábrica de salgadura, convertida máis tarde en conserveira, que agora acolle o centro de interpretación de Rande.
Participantes: Manuel González, Juanjo Comesaña, Juana Fernández e Gina Cabaleiro.


Vila de Redondela

Durante o tránsito do século pasado, o proceso de transformación urbana en Redondela significou a perda da presenza do mar e o seu carácter de pobo de pescadores, mais aínda permanece na memoria colectiva esa realidade mariñeira. Doutra banda Redondela converteuse nun nó ferroviario importante, sendo un gran dinamizador económico. Tal foi e é a vinculación de Redondela co tren, que a chamaron “vila dos Viadutos”, e dous dos máis fermosos de Galicia voan sobre o seu centro urbano.
Participantes: Mundo Cal, Manuel Puga, Chelo Rielo e Tino Figueroa.


A Portela

Situada na desembocadura do río Alvedosa, A Portela é un pequeno enclave con identidade propia. Foi un pequeno porto nas comunicacións entre as poboacións da enseada. Nesta zona instaláronse almacéns de salgadura e a industria metalífera IME. Alí estaba a casa do médico Martínez Alonso, quen axudou a escapar a xudeus que viñan da Europa Central fuxindo do nazismo.
Participantes: Rosa Otero Cabaleiro, Estrela Otero Liño, Ramona Rodríguez, Angel Gesteira, Mercedes Otero e Alfredo Vidal.


Cesantes

Conta con porto propio, lonxa e unha confraría de pescadores, a confraría de San Xoán, onde se mantén a actividade marisqueira e pesqueira.  Ademais conta cun porto deportivo. O areal de Cesantes é un dos máis longos da ría e garda a lembranza das mulleres que loitaron contra a privatización da praia. Nas últimas décadas mudou o papel das mariscadoras, de ser unha actividade extractiva pasou a se converter nun cultivo, e agora son labregas do mar.
Participantes: Herminia López, Manuel Martínez e Crisanto Freitas.